Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

AMPLIADA DURANTE UN ANO A VALIDEZ DOS D.I. QUE CADUQUEN A PARTIR DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARME

17 Mar 2020

Será para os documentos de identidade que caduquen a partir do 14 de marzo

O Consello de Ministros acordou este martes prorrogar por un ano a validez dos Documentos de Identidade que caducan desde a entrada en vigor do estado de alarme o sábado 14 de marzo.

Esta medida está incluída no Real decreto lei de medidas extraordinarias urxentes para afrontar o impacto económico e social de COVID-19, aprobado este martes polo Consello de Ministros.

"Queda prorrogada por un ano, deica o trece de marzo de dos mil veintiun, a validez do documento nacional de identidade das persoas maiores de idade titulares dun documento que caduque desde a data de entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarme para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19", sinala o texto legal. Tamén se indica que "a prórroga da validez do documento de Identidade permitirá que podan renovarse, conforme ó procedimento actual, os certificados recoñecidos incorporados ó mesmo por igual período"

Volver