Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

AMPLIACIÓN DA BOLSA DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DA BOLA

25 Mai 2017

Son para persoal laboral temporal

O concello da Bola por resolución da alcaldesa, de data 8 de maio do 2017, aprobou as bases para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar, como persoal laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é nos dez días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (25/5/17) , no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver