AFILIAD@S DA CIG DE VERIN CHAMAN Á MOBILIZACIÓN POLA DEFENSA DAS PENSIONS
Mentres membros do PP, como o Alcalde de Laza, se ponhen soldos de 37000 € o goberno planifica talhar as pensións
Respondendo á campanha organizada pola CIG en toda Galiza, un grupo de militantes da Unión Local de Verín e A Limia concentráronse onte fronte ás oficinas do INSS na vila de Verín, chamando á cidadanía á mobilización contra as previsións do goberno do Partido Popular darlhe umha trabada ás pensións, talhándoas pra precarizar aínda mais a situación da povoación; mentres eles seguen a gozar da boa vida, como o caso do Alcalde do concelho de Laza, de pouco mais de 1400 habitantes (a CIG de Verin e a Límia ten mais de 2200 afiliados/as), quen, con dinheiro de todos, se asignou o moi austero soldo de 37000 euros/ano, non alcanzando o salario mínimo os 8000 euros/ano.

