Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Afiliados/as e delegados/as da CIG protagonizan unha protesta no Pleno do Concello de Verín

28 Abr 2009

Durante a sesión debatíanse as alegacións presentadas pola central aos orzamentos

Arredor duns vinte afiliados/as da CIG acudiron á sesión plenaria celebrada o 27 de abril no Concello de Verín para reclamar “unhas relacións laborais democráticas” e unha “negociación colectiva xusta para os traballadores/as municipais”. Durante o Pleno o goberno local (PP) valeuse da súa maioría para desestimar as alegacións presentadas pola CIG contra dos orzamentos, ao detectárense irregularidades nos puntos referidos ás retribucións do persoal.

As alegacións presentadas pola central son as mesmas que xa se puxeran de manifesto nas reunións das comisións negociadoras, previas á aprobación dos Orzamentos 2009. A CIG-Verín atopara dous tipos de defectos na RTP municipal e no cadro de persoal e no anexo correspondente ao persoal laboral e funcionario para o 2009.

Os defectos recollidos no documento presentado pola CIG refírense aos salarios base do persoal laboral, recollidos na RTP, que “poden ser nulos, por canto non gardan a debida equivalencia retributiva”, xa que dentro da mesma categoría profesional establécense salarios diferentes, creando así “discriminacións económicas entre traballadores/as que desenvolven idéntico traballo”.

Pos outra banda, o propio Concello recoñeceu que existen, polo menos, tres postos mal avaliados, no que atinxe ao seu complemento específico, no colectivo do persoal funcionario: o do sarxento, o do cabo e o de axente da policía local.

Volver