Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ADEGA PIDE A DEMISIÓN DO DIRECTOR XERAL DE MONTES E UN CAMBIO PROFUNDO DA XESTIÓN

12 Out 2020

Faino na plataforma change.org, onde solicita sinaturas

En declaracións á CRTVG, o responsábel de montes da Xunta de Galiza manifestou que desde a administración autonómica “xa se prevía unha forte actividade incendiaria” na segunda semana de setembro e nomeadamente no Macizo Central Ourensán, áreas nas que os lumes son recorrentes e especialmente virulentos en días previos ás chuvias. Diante destas palabras, non podemos entender como a Xunta de Galiza non reforzou o equipo humano e material de extinción, nin tomou especiais medidas de prevención e vixilancia nestas áreas de extraordinario valor ambiental para evitar que estes lumes se chegasen a producir. Chama a atención que estes grandes lumes forestais teñan lugar ademais nunha campaña contraincendios na que a Xunta se gabou especialmente de dotar os montes galegos de constante vixilancia con tecnoloxías innovadoras, como drons, cámaras e medios aéreos, que supostamente estaban destinadas a peneirar aquelas zonas de especial incidencia incendiaria.

Numerosas entidades sindicais, agrarias, ecoloxistas e sociais do país  pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, por non dispoñer as medidas de prevención e vixilancia necesarias para evitar a catástrofe incendiaria que está a vivir a provincia de Ourense, en particular, as áreas afectadas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e do Macizo Central.

En tan só tres días o lume leva asolado en Ourense 9000 hectáreas de superficie, segundo datos da Xunta (máis de 10.000 Ha, segundo fontes non oficiais), das que 3000 Ha pertencen ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, e ao Parque transfronteirizo Xurés-Geres, onde gran parte da reserva integral do parque xa quedou totalmente arrasada polo lume. A día 16/09/2020 aínda persisten 9 grandes focos de lume activos en cuxa extinción se están a poñer en risco centos de vidas.

Mais info: http://www.adega.gal/novas.php?id=1014&idioma=gl&sec=7

 

 

Volver