Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS DEFINITIVA PARA AS LISTAXES DE CONTRATACIÓN DA XUNTA

30 Xun 2020

Hai o prazo dun mes para interpor recurso de alzada

No DOG de hoxe 30 de xuño publícase a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2019 das listaxes para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe "Listas de contratación". As listaxes entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200630/AnuncioCA01-190620-0003_gl.pdf

Volver