ACTO REIVINDICATIVO EN VERIN PREVIO AO 1º DE MAIO
Á concentración acodiron trabalhador@s de diferentes sectores
Con motivo da celebración do 1º de Maio, A Confederación lntersindical Galega de Verín celebrou unha concentración de afiliados/as e simpatizantes o venres día 28, ás 12 horas, na praza do concello de Verín.
Os gobernos do PSOE, primeiro, e do PP actualmente ,emprenderon unha auténtica cruzada contra todos os dereitos básicos da clase traballadora galega, nomeadamente os dereitos laborais, os salarios, as pensións, os servizos públicos básicos como a sanidade e a educación, etc.
A única saída, para poder vivir, que se lle esta a deixar a xuventude galega é a emigración, porque ademáis de ser pouco,o traballo que se lle ofrecen na nosa terra é precario: completa inseguiridade laboral, contratos a tempo parcial, contratos de dous ou tres meses no ano para a Administración ou as empresas públicas...
Os/as traballadores/traballadoras temos a obriga de unirnos para loitar contra todas estas inxustizas, porque en nos e só en nos reside a capacidade e posibilidade de trocar esta situación e acadar un mundo máis xusto e mellor.

