Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ACTO DE REPOSICIÓN DA PLACA ADICADA EN PORTOCAMBA AOS CARRILANOS PORTUGUESES ALÍ ASASINADOS

02 Ago 2020

Será o domingo 9 de agosto, ás 12 horas, perto de Portocamba (Castrelo do Val)

Tras xestións feitas no concelho de Castrelo do Val por Paula Godinho, Ana Luisa Rodrigues (da Radio Televisâo Portuguesa) e Dionisio Pereira, iste concelho reporá a placa adicada en Portocamba aos carrilanos portugueses alí asasinados, subsanando o que faltaba na velha (un apelido e un novo carrilano alí masacrado) que foi esnaquizada por algúns pelengríns do Caminho de Santiago, que aínda caracterizan ao Apóstolo como "matamouros" ou "matavermelhos".

O acto de reposición será o domingo 9 de agosto, ás 12 horas, no mesmo sitio onde estaba a anterior, perto de Portocamba (Castrelo do Val). Ista reposición reflicte a vontade de confrontar o fascismo que campa polos seus respectos, valora a loita obreira no tendido do camiño de ferro e reafirma a irmandade galaico-portuguesa.

Volver