Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

Acto de conciliación contra a Vidreira pola modificación substancial das condicións de traballo

25 Mai 2009

A CIG advirte que a empresa comunicou nos últimos días a maquinistas e xefes de quenda o cambio das súas funcións

Dende a Unión Local da CIG na Limia-Monterrei sinalan a importancia que ten o acto de conciliación para o devalar do conflito, destacando que “é tan alta que, de anularse a modificación e o sistema de descansos suplementares, cada traballador podería recuperar, como mínimo,entre 60 e 70 euros/mes”.

O resultado do acto será tratado na próxima asemblea de traballadores/as o 26 de maio, ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Xinzo. Na xuntanza abordaranse tamén a posibilidade de convocar novas medidas de presión máis fortes e prolongadas no tempo, logo de que transcorrese o período de 3 semanas outorgado polo persoal á dirección da Vidreira para retomar as negociacións.

De igual xeito, dende a Unión Local advírtese da actitude e actividade antisindical levada a cabo por algunhas persoas dentro da Vidreira e rexeitouse “as propostas de cesión e de submisión dos “vendidos” que fan o traballo suxo da empresa, xerando confusión, creando nerviosismo e dúbidas entre todos, no canto de contribuír a fortalecer a unidade colectiva, dirixida a acadar as metas propostas”.

Modificacións das funcións

Dende a CIG na Limia apuntaron que a dirección da empresa, “ademais de adestrar a certos elementos para xerar confusión e desánimo”, continúa vulnerando os dereitos dos traballadores/as e xa entregou documentos modificando as funcións dos maquinistas e dos xefes de quenda. Por tal motivo, dende a central recoméndase a todo os traballadores e traballadoras que reciban documentos modificando as funcións ou se lle dean ordes verbais neste mesmo sentido, non asinar e entregar os documentos aos delegados de persoal, co obxectivo de incluílos na demanda colectiva de reclasificación profesional contra a Vidreira. “Non poden modificar as condicións cada vez que lles peta. Non hai que picar na trampa”, advirten dende a central na Limia.

Volver