ACÓRDASE A CONSTITUCIÓN DUMHA PLATAFORMA PRA DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE XINZO DE LIMIA
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolheu umha xuntanza de diversas organizacións na que se decidiu a constitución dumha Plataforma
O día 16 de Abril de 2014, convocados pola CIG, reuníronse no Salón de Actos da Cultura de Xinzo de Limia organizacións políticas, sociais e cidadáns/ás a título particular, con motivo de analizar as consecuencias que terá para comarca da Limia a aprobación do anteproxecto de lei do poder xudicial, polo que se prevé a supresión do partido xudicial de Xinzo de Limia e a súa integración no Tribunal único de Instrución de Ourense.
Compareceron ao acto representantes do BNG, de CxG, da CIG, do SLG e do Concelho de Vilar de Santos.
Tras a exposición dos obxectivos da iniciativa e un debate entre os presentes, alcanzáronse os seguintes ACORDOS:
1º.-Constituír umha Plataforma en defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia
2º.-Realizar a 1ª Convocatoria da Plataforma, pro día 23 de Abril de 2014 (mércores), ás 20.00 horas, no Salón da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, coa seguinte orde do día:
a) Novas propostas de integración na Plataforma.
b) Propostas de campanha informativa á cidadanía sobre a supresión do Partido Xudicial.
3º.-Volver a convidar a participar na 1ª reunión da Plataforma ao resto dos Alcaldes da Comarca, aos representantes do PSOE, do Partido Popular e a todos os vicinhos/as que estean interesados/as.
A CIG avalía positivamente o resultado desta 1ª reunión, así como a decisión de constitución da Plataforma e espera que na próxima xuntanza se integren nela tanto o PSOE, como Partido Popular e o resto das institucións locais, dada a importancia que para a comarca ten o mantemento do Partido Xudicial, á marxe dos intereses partidarios que poida lexitimamente ten cada organización.