Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

ABERTOS OS PROCEDIMENTOS DE RECOÑECIMENTO DA EXPERIENCIA PROFISIONAL

19 Out 2021

Infórmate no sindicato e tamén nos centros de FP de como obter o teu título

A consellaría de Cultura, Educación e Universidade a través da Orde de 4 de xuño de 2021 regula o proceso de acreditación de competencias profesionales adquiridas a través da experiencia laboral (DOG Núm 112 de 15 de xuño de 2021).


Por primeira vez iste proceso de avaliación, recoñecimento e acreditación extendérono a todo o ano, polo que, quedará aberto de forma permanente a todas las familias profisionais.

Remarcan que o obxetivo desta iniciativa é millorar a empregabilidade das persoas traballadoras e favorecer a súa formación durante toda a vida profesional.

As personas interesadas en participar neste proceso deberán ter 18 años cumpridos e ter experiencia laboral ou formación relacionada coas competencias profisionais que desexen acreditar. 

A solicitude de participación no procedimento deberá presentarse por vía electrónica e as/os interesadas/os poden acudir a calquer centro público no que se imparta Formación Profesional para obter información ou axuda para completar o proceso de solicitude; tamén poden acudir ó sindicato da súa localidade onde tamén poderán ser asesoradas/os.

O procedimento manterase aberto con carácter permanente e o prazo máximo para resolver será de seis meses dende que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galiza.

A través do seguinte enlace pódese acceder a toda a información diste procedimento:
https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita/

Volver