Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ABERTO O PRAZO PARA QUE A MOCIDADE SOLICITE AS AXUDAS PARA O PAGO DO PERMISO DE CONDUCIR DE COCHE E CAMIÓN

10 Mar 2020

A subvención será de 400 euros para o carné de tipo B e 650 para o de tipo C

Deica o 31 de xullo as mozas e mozas de Galiza poderán solicitar as axudas para o pago do permiso de conducir tipo B ou tipo C, isto é, de turismo ou camión, respectivamente. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o 9 de marzo esta liña de axudas que forman parte do Plan Estratéxico de Xuventude da Xunta de Galiza.

A Xunta de Galiza, pon en marcha esta orde que conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros. Así, para a obtención do permiso de condución de clase B, de turismo, o importe da axuda será de 400 euros, e de 650 euros para o de clase C, o de camión.

Ás persoas beneficiarias faráselles un anticipo do 80% da axuda, se así o solicitan, unha vez que teñan notificada a concesión da achega económica. Cómpre sinalar que o prazo de solicitude podería rematar con anterioridade no caso de que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

As persoas interesadas en solicitar esta axuda deberán ter máis de 18 anos, estar empadroadas en Galiza desde hai un ano e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén teñen que estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter obtido o permiso entre o 1 de xaneiro e a data da presentación.

As solicitudes pódense presentar por vía electrónica a través do formulario dispoñíbel na sede electrónica da Xunta de Galiza, ou de maneira presencial en calquera rexistro oficial da administración.

Volver