Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE PRAZAS EN ESCOLAS INFANTÍS

09 Mar 2017

Publicouse no DOG do 8 de marzo

A axencia galega de servizos sociais fixo pública a Resolución do 28 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2017/18. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (8/03/17). Máis información en http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170308/AnuncioG0379-020317-0001_gl.html

Do mesmo xeito o consorcio galego de servizos de igualdade e benestar fixo pública a resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2017/18. (GALIÑA AZUL). O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día  seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (8/03/17). Máis información en
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170308/AnuncioG1342-020317-0001_gl.html

Volver