ABERTO NOVO PROCESO DE SELECCIÓN PARA AMPLIACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO NO BARCO DE VALDEORRAS
Amplían a bolsa na categoría de Auxiliares de Axuda no Fogar
O concello do Barco de Valdeorras anunciou no BOP do 30 de abril, por resolución da alcaldía do día 15, a aprobación das bases e a convocatoria do proceso de selección para a ampliación da bolsa de traballo para a categoría de auxiliar de axuda no fogar para posibles coberturas temporais, comezando o prazo de presentación de solicitudes de participación a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e das bases no BOP de Ourense.
O prazo para a presentación de instancias é de 7 días hábiles
O documento pdf de debaixo da fotografía contén as bases da convocatoria

