Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ABERTAS AS LISTAXES DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALIZA

02 Mar 2022

O prazo para a inscripción remata o 30 de abril

A Xunta abríu o 1 de marzo o prazo de inscrición nas listaxes de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galiza.

Estarán abertas un total de 36 listaxes: 27 afectan a persoal funcionario e nove a persoal laboral

Estas listaxes permiten prestar servizos en centros formativos, centros de atención a persoas con discapacidade ou en residencias de maiores.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de abril, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral da Función Pública publicada no Diario Oficial de Galiza (DOG).

Estas listaxes son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en institutos politécnicos, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou como veterinarios.

O número de listaxes que estarán abertas para inscrición é de 36. Delas, 27 listaxes son para traballar como funcionario interino e outras nove para facelo como persoal laboral. No caso das listaxes que permanezan pechadas, as persoas interesadas que superaran algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta para a lista correspondente a unha categoría, corpo, escala ou especialidade, sempre poden presentar a solicitude de inclusión.

O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listaxes elaboradas para este efecto.

Entre as listaxes abertas están as de enxeñeiros de camiños, canais e portos, de minas e de montes, veterinarios, profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, auxiliar de enfermería ou xefe/a de cociña.

Tanto o estado -aberto ou pechado- para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, https://funcion-publica.xunta.gal, no apartado de ‘Listaxes de contratación’, que conta ademais cun epígrafe de preguntas frecuentes (FAQ) que responde ás dúbidas máis habituais que se lles presentan ás persoas interesadas en realizar este proceso

Volver