ABERTA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO
É para a categoría de pión-operaria/o
A Xunta de Goberno Local do Concello de Xunqueira de Espadañedo, fai público no BOP do 13 de abril que, na súa sesión ordinaria realizada o día 7 de abril do 2022, acordou aprobar as bases reguladoras da convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego na categoría de pión-operario (Grupo E). Para a presentación de solicitudes, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días naturais, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, segundo os termos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. O texto íntegro das bases deste proceso selectivo pode consultarse na sede electrónica do Concello de Xunqueira de Espadanedo: https://xunqueiradeespadanedo.sedelectronica.gal