CONVOCATORIA DE BOLSA DE EMPREGO PARA OPERARI@ DE SERVIZOS VARIOS NO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO
Cubrirán baixas, vacacións, ou necesidades urxentes do servizo
O concello de Vilar de Barrio fai público no BOP do 17 de outubro, unha vez aprobadas as bases de selección e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para cubrir as necesidades dos postos de operaria/o de servizos varios para cubrir baixas, vacacións, ou necesidades urxentes do servizo, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento:
Creación dunha bolsa de emprego para a cobertura das necesidades dos postos de operario de servizos varios para cubrir
baixas, vacacións, ou necesidades urxentes do servizo. A duración da bolsa de traballo será de 1 ano con posibilidade
de prórroga por outro ano máis.
Bases da convocatoria: poderán obterse nas oficinas municipais, na páxina web do concello www.vilardebarrio.com. e na sede electrónica https:// vilardebarrio. sedeelectronica. gal.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contadosa partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
Lugar de presentación: no rexistro do concello de Vilar de Barrio, praza do Toural, nº 10, Vilar de Barrio, en horario de
9:00 a 14:00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

