Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Pancartas en defensa dos postos de traballo do Parador de Turismo de Monterrei
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A xustiza condena, por terceira vez, ao Concello de Verín por vulnerar dereitos fundamentais da CIG

24 Xan 2014

O xulgado declara nulo o decreto da alcaldía polo que se retiraron unhas pancartas en defensa dos postos de traballo do Parador de Turismo

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense vén de publicar sentenza pola que, estimando o recurso contencioso interposto pola CIG, declara nulo o Decreto do Alcalde de Verín de 27 de Decembro do 2012, por violar o dereito fundamental de liberdade de expresión. Por medio deste decreto, o Concello procedeu a retirar unha serie de pancartas colocadas pola CIG na vila, en defensa dos postos de traballo do Parador de Turismo de Monterrei

Volver