Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A XUNTA PUBLICA AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA ATENCIÓN A DOMICILIO DE NENAS E NENOS MENORES DE 3 ANOS

26 Ago 2016

Trátase do bono coidado

A Federación da Administración Pública da CIG informa que no DOG do 26 de agosto de 2016 publícase a Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa Bono coidado e se procederá a súa convocatoria

1. Poderán ser beneficiarios das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as, ou as persoas acolledoras de nenos/as menores de tres anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos terase en conta a declaración do IRPF do ano 2014 respecto da anualidade 2016 e do ano 2015 respecto da anualidade 2017.

2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia. A axuda consistirá nunha achega económica cuxa contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar, para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio. As solicitudes de axuda poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata, polo tanto dende o 27 de agosto de 2016, o 30 de setembro de 2017.
Toda a información no enlace:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160826/AnuncioG0425-120816-0001_gl.html

Volver