A XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA DA SAÚDE DE OURENSE DENUNCIA ANTE O XULGADO Á EOXI DE OURENSE, VERÍN E O BARCO
A Xunta de Persoal ten denunciada á EOXI pola protección dos dereitos fundamentais (liberdade sindical)
A Xunta de Persoal da Área da Saúde de Ourense presentou denuncia baseada en que a EOXI de forma consciente e voluntaria está a impedir o desenvolvemento dunha das funcións básicas de toda a representación sindical, cal é o direito á negoción colectiva e a información en determinados aspectos laborais (artigo 28.1 constitución española e a lei orgánica 11/1985 de liberdade sindical).
Despois dos trámites preceptivos do procedemento administrativo, a súa falla de recoñecemento de culpa por parte da EOXI na figura da súa xerente (Eloína Núñez Masid) e do propio SERGAS, esta Xunta de Persoal ven a ver unha futura solución xudicial as súas demandas ó lograr que fora admitida a trámite a mesma, e que o xuízo se celebrará a partir do mes de outubro. Entre os puntos máis destacados dos incumprimentos que fai esta xerencia ós cales teñen dereito a Xunta de Persoal, e no que coinciden plenamente todos os sindicatos representativos d@s traballador@s (SATSE, CIG, CCOO, UGT, CEMS-OMEGA, USAE E SAGAP) encóntranse:
a) Recebir información sobre a política de persoal
b) Emitir informe á solicitude da Administración Pública correspondente ó traslado total ou parcial das instalacións e a implantación ou revisión dos sistemas de organización e métodos de traballo. Nesta materia non só viñan incumprindo senón ademáis de ter coñecemento da denuncia seguen a facelo (traslados, aperturas, peches de instalacións, etc.)
c) Ser informada de todas as sancións impostas por faltas graves ou moi graves
d) Ter coñecemento e ser escoitad@s no estabelecemento da xornada laboral e do horario de traballo, así como no réxime de permisos, licenzas e vacacións. A día de hoxe segue a ser unha constante, non se nos informa das negociacións de servizos, e nin sequera coñecemos o escenario vacacional no que atinxe á contratación por vacacións.
e) Vixiar o cumprimento das normas vixentes en materia de condicións de traballo, prevención de riscos laborais, seguridade social e emprego, e exercer no seu caso, as accións legais oportunas ante os organismos competentes. Igualmente esta Xunta de Persoal asegura que non se cumpre:
1.- Condicións laborais precasrias no que respecta a substitucións (non cobertura, medias xornadas, incremento das cargas asistenciais, etc)
2.- Fraude nas cotizacións á Seguridade Social, recoñecido pola mesma Tesourería Xeral da Seguridade Social, á que esta EOXI lle tivo que ingresar máis de 35000 € en concepto de cotización polo persoal contratado, xa que non lle cotizaban as fins de semana; cuestión denunciada no seu momento na inspección de traballo.
3.- Negacións a solucionar os informes preceptivos da inspección de traballo e da propia unidade de prevención de riscos laborais, como foi a supresión da sala de descanso nos servizos de urxencias e os problemas de disconfor térmico en numerosas dependencias da EOXI. Fallas de solucións a problemas de saúde pública, como a permanente infestación de mosquitos. Non debemos esquecer a tan popular oposición que mantivo esta Xunta de Persoal e tod@s @s traballador@s con respecto ó traslado do PAC de Verín, que non foi negociado con esta Xunta de Persoal, e que a día de hoxe, non só non foi acertada tal decisión, senón que non aportou nen mellora á atención dos usuari@s nin supuxo aforro algún, e polo contrario, empeoraron as condicións de traballo d@s profesionais e a atencións d@s usuari@s, xa que as instalacións son precarias. A xerente desta EOXI, única responsábel do desmantelamento do PAC de Verín, e do cambio de condicións de traballo da Zona Especial da Gudiña-Mezquita retrocedendo en máis de 20 anos, e incumprindo normativa que obrigaba a creación dun PAC con todas as consecuencias, segue a negarse a reverter a situación e a crear o PAC.
Agora, esta Xunta de Persoal está expectante coa mudanza ao novo edificio de hospitalización, que aínda que non podemos sacar conclusións definitivas si detectamos:
- Unha merma no número de camas de hospitalización
- Un posible detrimento do persoal
- Botamos en falta unha rehabilitación do resto do complexo hospitalario, sobre todo en canto á hospitalización, cuestión que xa nos adiantaron que non tiñan pensado acometer.
En xeral, hai moita información que esta Xunta de Persoal descoñece a pesar da insistencia en solicitar a mesma:
- Se haberá ou non instalación de cociña e a súa dependencia pública ou privada
- Aparcamento para @s traballador@s
Consideramos que é moi importante ter en conta o asesoramento d@s traballador@s, na distribución e acondicionamento dos servizos, xa que son os que coñecen mellor o lugar onde van a traballar, feito que en ningún momento se produciu.

