A XUNTA DE GALIZA PUBLICA O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA O PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO DA ADMINISTRACIÓN EN RELACIÓN CO CORONAVIRUS COVID-19
Faino mediante unha resolución que se publica no DOG do 12 de marzo
A Xunta de Galiza publica resolución no DOG do xoves 12 de marzo aprobando o "Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galiza en relación co coronavirus COVID-19"
Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galiza en relación co coronavirus COVID-19
A aparición e evolución do coronavirus COVID-19 exixe a adopción de medidas preventivas que deben ser adoptadas segundo as instrucións dos órganos competentes de Sanidade. No seo das medidas que afectan os empregados públicos é preciso poñelas en coñecemento dos afectados a través de todas as canles que facilitan a súa difusión (correo electrónico, intranet, folletos...). No ámbito da Administración de Galiza é preciso dar as pautas precisas para poder previr supostos de infección, así como articular os mecanismos necesarios para protocolizar a forma de actuar ante a sospeita da infección dun empregado público.
Do mesmo xeito, establécense dentro deste protocolo previsións específicas para o persoal que presta os seus servizos en oficinas que prestan atención presencial á cidadanía.
As pautas que cómpre seguir son as seguintes:
1. Mecanismos de información para o persoal.
2. Medidas xerais para protexerse do coronavirus.
3. Sintomatoloxía
4. Persoal especialmente sensible
5. Medidas polo peche de centros educativos ou de maiores
6. Probas selectivas
7. Viaxes
8. Modalidades non presenciais de traballo
9. Reorganización de quendas de traballo
10. Medidas específicas de actuación nos servizos de rexistro e atención á cidadanía
11. Ámbito de aplicación e desenvolvemento do protocolo
Se queres descarregar a Resolución abre o pdf que está debaixo da fotografía

