Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A XUNTA DE GALIZA PUBLICA A ORDE DE AXUDAS PARA MERCAR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

20 Mai 2020

É de aplicación para educación primaria, secundaria obrigatoria e especial

A consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional publica no DOG do martes 19 de maio a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

A orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino: participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria; axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial; e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

ABRE O PDF QUE ESTÁ DEBAIXO DA FOTOGRAFÍA COA ORDE PUBLICADA NO DOG

Volver