Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A XUNTA DE GALIZA PUBLICA A ORDE DE AXUDA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@ MENOR DE TRES ANOS

03 Abr 2017

Poderanse presentar solicitudes do 4 de abril deica o 26 de maio

O martes 4 de abril, ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, correspondente a 2017. Novamente, quedan excluídas destas axudas as persoas que o pasado ano presentaran a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 02-01-2014 e o 01-01-2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentaran de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a facelo.  A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos, na seguinte contía:

 – Cando sexa a primeira crianza: 360 euros.

 – Cando sexa a segunda crianza: 1.200 euros.

 – Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

 O prazo de presentación das solicitudes será de 35 días hábiles, contados a partir do día 4 de abril. Dado que a nova normativa non contabiliza os sábados como hábiles, o último día para presentar a solicitude será o 26 de maio.

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñíbel na sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros estabelecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 Podes consultar a orde do DOG nesta ligazón:

 Axudaspagamentounico-crianzas.pdf (677.1 KiB)

 

Volver