Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A XUNTA DE GALIZA LANZA A TARXETA IDENTIFICATIVA DO GRAU DE DISCAPACIDADE

05 Ago 2016

Nun momento nada sospeitoso de ser electoral a Xunta de Galiza preocúpase dos Servizos Sociais

No DOG do día 4 de agosto publícase a ORDE do 20 de xullo de 2016 pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula o procedemento para a súa obtención.

A tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ten como finalidade facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade igual ou superior ó 33% do seu titular.

Anualmente o órgano de dirección con competencias en materia de discapacidade informará sobre as vantaxes e beneficios vinculados á titularidade da tarxeta a través do portal de benestar da consellería con competencias en materia de servizos sociais (http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-discapacidade), sen prexuízo doutros medios de información que se consideren oportunos.

A tarxeta acreditativa da discapacidade expedirase de oficio para aquelas persoas cuxa resolución de recoñecemento ou de revisión do grao de discapacidade teña lugar posteriormente á entrada en vigor da presente orde.

Expedirase por petición expresa das persoas interesadas as que teñan recoñecido un grao de discapacidade, xa sexa de carácter definitivo ou provisional, igual ou superior ao trinta e tres por cento á data de entrada en vigor desta orde.

Mais información en

 http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160804/AnuncioG0425-260716-0001_gl.html

Volver