Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A XUNTA DE GALIZA CONVOCA OPOSICIÓNS NO SPCIF

04 Mar 2019

A consellaría de facenda fai público no dog do 4 de Marzo a orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas seguintes categorías:

- emisorista/vixilante fixo/a
- bombeiro forestal condutor motobomba
- bombeiro forestal

Todas elas do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir duascentas sesenta e nove (269) prazas da escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, polas quendas de acceso libre e promoción interna. Resérvanse sesenta e seis (66) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna, as prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

Especialidade

Libre

Persoas con discapacidade

Promocion interna

Titulación

Requisitos

Emisorista/  vixilante fixo/a

52

5

18

Graduado/a en ESO ou

equivalente

 

Bombeiro

forestalcondutor

motobomba

60

 

20

Graduado/a en ESO ou equivalente

Carné de

conducir C e B

Bombeiro

forestal 86 28

86

 

28

Graduado/a en ESO ou

equivalente

Carné de

conducir B

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Saen publicados de xeito simultáneo os procesos de quenda libre e promoción interna. O sistema selectivo é o de concurso-oposición.

Mais info no enlace :
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190304/AnuncioCA01-280219- 0005_gl.pdf
O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcion publica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos».

Volver