A UTE TÚNELES DE BOLAÑOS REINICIA OS TRABALLOS DA LIÑA DO AVE
O reinicio producirase a partires do 23 de Maio do 2016
A UTE TÚNELES DE BOLAÑOS comunicou, o 18 de maio, á Comisión paritaria do convenio colectivo provincial da construción de Ourense o reinicio dos traballos no túnel do AVE en Campobecerros, a partires do día 23 de Maio do 2016.
Os traballos, paralizados dende o pasado 13 de abril, tiveron como consecuencia a extinción, a partires dise mes, de todos os contratos de traballo do persoal desta obra.
Afirman, os responsábeis da UTE, que o pasado xoves 12 asinaron o expedente chamado “PROXECTO COMPLEMENTARIO DAS OBRAS DO PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DA PLATAFORMA CORREDOR NORTE-NOROESTE DA ALTA VELOCIDADE. LIÑA DE ALTA VELOCIDADE MADRID-GALICIA. TRAMO VILARIÑO-CAMPOBECERROS VÍA ESQUERDA” e, unha vez, que regularizaron os trámites administrativos e de prevención, retoman os traballos o luns 23.
Neste escrito tamén sinalan que dende o día 18 comunicarán esta nova situación @s traballador@s da UTE que están afectad@s, ofertando ser contratad@s de novo dende a data que estiman o comezo das obras até recuperar o pleno rendemento de execución coa fabricación do material de revestimento que contan sexa o vindeiro 15 de xullo

