Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A SECCIÓN SINDICAL DA CIG NA E P SEAGA COMUNICA A SÚA NEGATIVA SOBRE A RECUPERACIÓN DE HORAS A CONTA DAS VACACIÓNS

16 Abr 2020

Os sindicatos CC OO e UGT facilitan á empresa a medida, apoiándoa ou absténdose

A Empresa Pública SEAGA fixo proposta o pasado 6 de abril para abrir a negociación da recuperación de horas de traballo por parte do persoal dispensado de traballo efectivo dende o 30 de marzo. A empresa realiza a proposta para a recuperación das horas comprendidas no período de 30 de marzo a 08 de abril, a cambio de 7 días de vacacións e 1 día de AA PP. Segundo a dirección, deste xeito os/as traballadores/as non teñen que realizar recuperación de horas efectivas de traballo polo período indicado. Feito este que é rexeitado dende as seccións sindicais da CIG dos comités de empresa da Seaga, non así por outras centrais sindicais co apoiaron ou mesmo se abstiveron.

O Real Decreto Lei 10/2020, de 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperábel para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducila mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19, no seu ANEXO dice que:

No será objeto de aplicación el permiso retribuido regulado en el presente real decreto ley a las siguientes personas trabajadoras por cuenta ajena:

7. Las que prestan servicios en Instituciones Penitenciarias, de protección civil, salvamento marítimo, salvamento y prevención y extinción de incendios…

A ORDE do 9 de agosto de 2018 pola que se publica o Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galiza, a Fegamp e a Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, ven a decir que “a cooperación, que neste convenio se instrumenta, ten por fin garantir a prevención de incendios forestais, de modo que se acade a diminución do número de incendios forestais nas zonas de interface urbana e facilitar as actuacións de extinción, garantindo así o interese público da seguridade de persoas e de bens

Tendo en conta esta normativa, e o feito de que as brigadas do persoal indefinido non fixo, veñen desenrolando traballos de prevención dentro das tarefas que lle son asignadas incluídas nas faixas secundarias, non entendemos a postura da empresa de querer aplicar un permiso retribuído regulado no R.D 10/2020, que vai dirixido ás personas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, cousa que non é certa nin correcta no caso que nos atinxe.

Para afondar máis, temos ás brigadas das “contratas” de empresas privadas estiveron a traballar con total normalidade nas faixas secundarias ás ordes dos capataces da Seaga. A normativa que lle permite traballar a estas “contratas” é a mesma que se lle tiña que ter aplicado ás brigadas da Seaga. Os motivos polos que non se fai efectivo o recollido no punto 7 do ANEXO do R.D Real Decreto-Lei 10/2020, de 29 de marzo, sólo o pode saber a Dirección da empresa.

As medidas que imos a tomar cando a empresa notifique a resolución de recuperación das horas, son as de acudir a Inspección de Traballo, e de non dar resultado esta medida, acudir aos tribunais de xustiza.

Volver