A SECCIÓN SINDICAL DA CIG NA DEPUTACIÓN CONVOCA ASEMBLEA
O tema a tratar é a privatización do servizo de RSU
A Sección Sindical da CIG na Deputación de Ourense convoca unha asemblea de trabalhadoras/es do servizo de RSU. Nesta asemblea o único punto na orde do día será a nova tentativa por parte do ente provincial da privatización deste servizo.
Esta asemblea terá lugar o MÉRCORES 12 DE XANEIRO ÁS 18 HORAS NA SALA DE XUNTAS DA CIG, no cuarto andar da casa sindical de Ourense.
Dende a Sección Sindical lembran que, dada a importancia do tema, se faga chegar esta convocatoria a todos aqueles companheiros/as que se poida, para a procura de ter a maior participación posíbel e dar unha resposta unánime a esta tentativa.
PARTICIPA NA ASEMBLEA
DEFENDE OS TEUS INTERESES COA CIG

