A SECCIÓN SINDICAL DA CIG DA E P SEAGA INFORMA Ó PERSOAL QUE FACER EN CASO DE NON SUPERAR AS PROBAS FÍSICAS
Como proceder no caso de non superar as probas físicas
a) Os/as que sexan fixos/as descontinuos/as e non superaran a proba física no 2016:
Aínda que non superaran a proba física no 2016, ao contrario do que fai a EP SEAGA, S.A., conservan a condición de fixos/as descontinuos/as e se, agora no 2017, a EP SEAGA, S.A. non os chama a facer as probas físicas ou non os chama a trabalhar, manténdolhes a coa condición de fixos descontinuos, tenhen 15 días pra avisar ao sindicato e demandar (a contar dende o día da realización da proba física (no caso de que non foran convocados/as a realizar a proba física), ou dende o día do inicio do trabalho (no caso de que foran convocados a realizar a proba física, mais non foran chamados ao trabalho).
b) Os/as que sexan fixos/as descontinuos/as e non superen a proba física 2017:
Non terán dereito a trabalhar na Campanha 2017 (agás pra suplir baixas doutros companheiros/as). Deberán estar atentos á Campanha 2018, porque, como indicamos no parágrafo anterior, a EP SEAGA, S.A. ten a práctica de considerar como "baixa voluntaria" aos/ás que non superaran as probas físicas e iso non é legal: pode suspenderlhes o contrato, pero non extinguirlho. Por tanto, todos/as os fixos/as descontinuos/as que non superen as probas físicas 2017, no caso de que non sexan chamados a facer a proba física 2018 ou no caso de que, sendo chamados a realizar a proba física, non sexan chamados a trabalhar no 2018, coa condición de fixos/as descontinuos/as, terían que avisar ao sindicato, no 2018 (nos prazos sinalados anteriormente) pra demandar á empresa.
c) Os/as que sexan interinos/as e non superaran as probas físicas de 2016 ou non superen as probas físicas en 2017:
Están na mesma situación que os fixos/as descontinuos e, por tanto, tenhen que proceder do mesmo xeito.

