A SEAGA CONVOCA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE APTITUDE FÍSICA
As probas van dirixidas ó persoal adscrito a tarefas de prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais
A empresa pública SEAGA acordou convocar a realización das probas de aptitude física "Field-Test", ao persoal adscrito ás tarefas de prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais.
@s traballador@s deberán acudir á proba co DI, ou no seu defecto carné de conducir ou pasaporte orixinais e certificado médico oficial ou informe de saúde asinado e selado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade nen discapacidade que impida a súa realización.
A proba consistirá en camiñar 3200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos e terá caracter eliminatorio
No documento versión pdf de debaixo da fotografía podes descarregar a convocatoria cos anexos que conteñen a orde de chamamentos

