A SEAGA ABRE O PRAZO PRA RECLAMAR OU EMENDAR AS LISTAXES PREVIAS DE CONTRATACION CONFORMADAS PRA CERTAS CATEGORÍAS
Dende o día 17 de Abril e deica o 22 de Abril está aberto o prazo pra reclamar nas categorías de Pión, Pión Especialista e Xefe/a de Brigada
En plena semana santa, dificultando claramente o labor informativo, a SEAGA abre o prazo pra presentar reclamacións e/ou emendar a conformación das listaxes previas de contratación nas categorías de Pión, Pión Especialista e Xefe/a de Brigada.
Consonte co establecido nas bases xerais 1.6.3 e nas bases específicas 1.4.3, os candidatos/as excluídos/as disporán dun prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución na páxina web da SEAGA, para poderen efectuar reclamacións ante o Director-Xerente de SEAGA e emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.
Todas as emendas e/ou reclamacións dos candidatos/as, só poderán ser presentadas:
* Nas oficinas de rexistro de Seaga, sitas no Polígono Industrial do Tambre, Via Marconi, nº14, 15890 Santiago de Compostela - A Coruna, de luns a xoves, en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h, e os venres de 9:00h a 14:00h.
* De luns a venres, en horario de 9:00h a 14:00 horas, nas oficinas sitas en:
- Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parcela 17,27003 Lugo.
- Polígono de San Cibrao das Vinhas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1), Parcela 1-G, Nave 3, 32911 San Cibrao das Vinhas, Ourense.
- Praza do Teucro, nO 18, 36002 Pontevedra.
- Estrada N. VI, Km. 581 , 15640, Guísamo-Bergondo.
Se queres comprobar a túa situación preme sobre a foto e descarrega, en PDF, as listaxes previas conformadas
Nos locais da CIG de Verín e Xinzo de Limia podemos axudarche a presentar a túa reclamación e/ou emenda

