Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A SEAGA ABRE A INSCRICIÓN NAS LISTAXES PREVIAS PARA A CONTRATACIÓN

02 Out 2016

O prazo remata o 31 de outubro do 2016

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. SEAGA, polo sistema de listas previas por categorías, resolveu abrir o prazo de actualización de méritos por parte dos integrantes das listas previas e/ou, de ser o caso, d@s nov@s candidat@s a ser incluídos nas mesmas. Dacordo ca disposto no apartado 2. 1.10 das bases xerais para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. de 27 de abril de 20 10 (D.O.G de 28/04/2010), apertúrase o prazo para a presentación da documentación correspondente á actualización de méritos por parte dos integrantes das listas previas que se relacionan a continuación e/ou, de ser o caso, dos novas candidatos a ser incluidos nas mesmas:
Enxeñeiro de Montes
Enxeñeiro Agrónomo
Enxeñeiro Técnico Forestal
Enxeñeiro Técnico Agrícola
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos
Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas
Arquitecto
Arquitecto Técnico
Capataz
Xefe de Brigada
Maquinista-condutor
Peón Especialista
Peón
Oficial Administrativo
Auxiliar Administrativo
Documentación a presentar polos interesad@s : o proceso de cualificación dos novos candidatos, e actualización de méritos dos integrantes das listas previas, axustarase ao disposto nas bases xerais e bases específicas da correspondente convocatoria para cada categoría profesional; no caso de integrantes das listas previas que só desexen actualizar méritos, estes deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axuste ao recollido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional. No caso de novas candidat@s, est@s deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle no apartado "Solicitudes" das correspondentes bases específicas. A actualización dos méritos serán computables até o día 30 de setembro do 2016. No caso dos traballador@s que prestaran ou presten servizos en SEAGA a esa data, a actualización de méritos correspondentes aos períodos traba liados nesta empresa efectuarase de oficio por parte de SEAGA.

Presentación de renuncias e modificación de ámbitos e/ou perfis. @s integrantes dalgunha lista previa que non desexen seguir formando parte da mesma, poderán presentar renuncia escrita ante o director-xerente da SEAGA, indicando a categoría profesional a que renuncian, no prazo e lugar que se indican. O mesmo prazo rexerá para os candidatos que estando inscritos nalgunha lista previa desexen modificar o ámbito territorial ou perfil profesional.

Lugar e prazo de presentación: As solicitudes ou actualización de méritos dirixiranse ó director-xerente da SEAGA, e a súa presentación poderase facer:
-nas oficinas de rexistro de SEAGA, sitas no Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi  14, 15890 Santiago de Compostela - A Coruña, de luns a xoves en horario de 9:00 h a 14:00h e de 16:00 a l 8:00h e os venres en horario de 9:00h a l4:00h.
-nas oficinas de rexistro de SEAGA, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, sitas en:
-Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parce la 17, 27003-Lugo
-PoI. San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1) Parcela I-G Nave 3, 32911, San Cibrao das Viñas, Ourense
-Lugar Cabanas-Salcedo, n° 54, 361 43-Pontevedra
-Estrada N. VI, Km 58 1,1 5640 Guísamo-Bergondo
-nas oficinas do organismo estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación de dita presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envío que se entrega ó cliente por parte do organismo estatal de Correos como a copia da solicitude ó proceso de selección).
O apartado 2.l.l O das bases xerais para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A establece o prazo de actualización de méritos por parte dos integrantes das listas ou dos nov@s candidat@s a ser incluídos dende o día 1 até o 15 de outubro de cada ano. Non obstante, acórdase unha ampliación até o 31 de outubro de 2016.

Volver