Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE XINZO DE LIMIA REALIZARÁ UNHA CAMPANHA INFORMATIVA POLA COMARCA

24 Abr 2014

Incorpóranse á Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo, PSOE, ANOVA, así como profesionais da xustiza e diversos cidadáns/ás

O 23 de Abril de 2014 celebrouse, na Casa da Cultura de Xinzo de Límia, a 1ª xuntanza da recén constituída Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo de Limia, á que se incorporaron os representantes das organizacións PSOE e ANOVA, así como diversos profesionais do sector da xustiza.

A Plataforma ficou integrada, inicialmente, por: CxG, BNG, SLG, PSOE, ANOVA, CIG, Concelho de Vilar de Santos e cidadáns e profesionais da xustiza a título particular.

Os reunidos/as, abordaron, basicamente, duas cuestións:

a) Organización e funcionamento da Plataforma

b) Accción cidadá a densenvolver

No primeiro apartado acordouse adoptar como logotipo da Plataforma umha das propostas presentadas e, asemade, aprobáronse as seguintes bases mínimas de funcionamento do organismo:

1ª.- Poderán participar no organismo, tanto cidadáns/as a titulo particular, como organizacións ou persoas xurídicas, sen exclusión de nengumha clase e con idénticos dereitos a intervir, facer propostas e votar nas reunións que se celebren.

2ª.-  A acción cidadá e campanhas que desenvolva a Plataforma será acordada en Asemblea Xeral da mesma, por medio de votación e maiorías.

3ª.-  Elixirase a un/umha voceiro/a da Plataforma que deberá ser escolhido/a entre os cidadáns/ás ou profesionais da xustiza que integren o organismo a título particular.

4ª.- O voceiro/a será o encargado de informar publicamente das decisións que tome a Plataforma.

5ª.-  Umha ou varias das organizacións integrantes da Plataforma serán as encargadas de xestionar as cuestións organizativas.

No que atinxe ao segundo asunto tratado, a Plataforma decidiu comezar os seus trabalhos, desenhando umha campanha publicitaria pra informar á cidadanía da Comarca da Limia sobre as consecuencias que carrexará a perda do Partido Xudicial en Xinzo de Limia.

Asemade e dada a ausencia da maioría de Alcaldes da Comarca e do Partido Popular, acordouse lembrar aos representantes institucionais de tal partido a súa obriga de defender os servizos públicos da Comarca, por riba de intereses ideolóxicos e, nise sentido, faraselhes un chamamento á que se posicionen ao lado dos intereses dos limiáns e das limiás que son distintos dos intereses de Galhardón e do Goberno Central.

Finalmente, conviuse agardar a conhecer o pronunciamento que faga o próximo Pleno do Concelho de Xinzo de Limia, sobre a materia, pra analizar se pode ser útil aos intereses da Comarca.

A próxima reunión da Plataforma, na que se presentarán as propostas de Campanha publicitaría, ficou fixada pro día 30 de Abril, ás 20.00 horas na Casa de Cultura de Xinzo de Limia.

Volver