Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Concelho de Castrelo do Val
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE VERÍN PREPARA A MANIFESTACIÓN DO DÍA 12 DE XUNHO DO 2014

01 Xun 2014

O Concelho de Castrelo do Val aproba umha moción do PSOE en defensa do Partido Xudicial co voto a favor do Partido Popular

Na reunión, do día 29 de Maio do 2014, a Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Verín tomou os acordos que se especifican, dirixidos a difundir e organizar a Manifestación convocada pro día 12 de Xunho do 2014, que partirá as 20.00 horas, dende a Praza do Concelho de Verín.

O día 3 de Xunho de 2014, no marco da feira comarcal de Verín, a Plataforma colocará umha MESA na Plaza García Barbón, a partires das 10.30 horas, co obxecto de recolher sinaturas de apoio ao mantemento do Partido Xudicial de Verín e de convocar á cidadanía da comarca á Manifestación convocada pro día 12 de Xunho do 2014.

O día 5 de Xunho do 2014, os membros da Plataforma en defensa do Partido Xudicial de Verín reuniranse no salón de Actos da Asociación AEVER (Casa Sindical), ás 19.00 horas, pra saír pola vila de Verín a distribuír publicidade, chamando á participación na Manifestación do 12 de Xunho.

Por outra banda, o Concelho de Castrelo do Val, integrante da Plataforma Xudicial, por medio do seu Alcalde, ven de aprobar umha moción en defensa do Partido Xudicial de Verín, subscrita, non só polo grupo proponhente: PSOE, senón tamén polo Partido Popular.

Igualmente, este Concelho acordou autorizar á Plataforma Xudicial de Verín a depregar umha pancarta informativa no frontal da Casa Consistorial.

Finalmente, a Plataforma Xudicial está á espera de que o Alcalde de Verín se pronuncie sobre o seu apoio ou non á manifestación convocada; pro cal se farán xestións durante a semana próxima.

Volver