Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE VERÍN CONVOCA UMHA CONCENTRACIÓN/MANIFESTACIÓN COMARCAL O DÍA 12 DE XUNHO DO 2014

07 Mai 2014

Con carácter previo desenvolverase umha intensa campanha informativa polas Comarcas de Monterrei e Conso Frieiras

Onte, día 6 de Maio do 2014, a Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Verín celebrou umha nova reunión na que, tras dar conta da constante incorporación de persoas interesadas no proxecto colectivo, se tomaron os seguintes acordos:

* Campanha Informativa:

- Apróbase cartaz, panfleto presentado.

- Apróbase proposta de pancartas.

- A CIG fica encargada de elaborar as pancartas e imprimir os cartaces,  coa axuda do PSOE, BNG, Concelho de Castrelo do Val e Concelho da Mezquita. Iste material deberá ser distribuído na próxima reunión da Plataforma.

- A CIG fica encargada de elaborar un formulario de recolhida pra recolha de sinaturas contra a supresión do partido xudicial, pra distribuír na próxima reunión da Plataforma.

- A CIG fica encargada de solicitar as seguintes entrevistas, antes da seguinte reunión da Plataforma:

* Presidente da Deputación Provincial e Deputados da comarca de Monterrei

* Todos os Alcaldes integrados na Mancomunidade de Concelhos de Verín.

- Os avogados, Xosé Calvo, Carlos e Toni Taboada fican encargados de elaborar un argumentario en defensa do mantemento do partido xudicial de Verín, pra presentar na próxima reunión da Plataforma.

- Fernando Serrulha fica encargado de elaborar umha proposta de Blog pra Plataforma, a presentar na próxima reunión.

* Voceira/o da Plataforma:

- Elíxese como voceira da Plataforma á avogada: Mariel Taboada, quen deberá cumprimentar a representación pública do colectivo, cando sexa preciso.

* Concentración/Manifestación:

- Tras un amplo debate sobre o tema, tómanse os seguintes acordos:

* A Plataforma convocará, tras a realización da campanha informativa prevista umha concentración/manifestación, para o día 12 de Xunho de 2014, ás 20.00 horas, co obxecto de que constitúa a presentación en público e primeira acción do colectivo.

* Próxima reunión e temas a tratar:

- 15 de Maio do 2014, xoves, ás 20.00 horas. Casa Sindical de Verín (Salón AEVER)

- Distribución de publicidade e reparto do trabalho.

- Convocatoria de Concentración/Manifestación.

- Proposta de argumentario e Proposta de Blog

- Varios

Volver