A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA COMARCA DE MONTERREI CONVOCA NOVA REUNIÓN INFORMATIVA
Terá lugar o 20 de decembro ás 19:30 horas no salón de actos da casa da cultura de Verín
A plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei fai unha nova convocatoria dirixida ás Asociacións de Veciños, Culturais, Mulleres Rurais e demáis asociacións, Partidos Políticos e Organizacións Sindicais, e a todas e todos @s Veciñ@s da Área do Hospital a unha REUNIÓN INFORMATIVA que terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro de 2016 ás 19:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do concello de Verín, para abordar o desmantelamento que está a padecer o Hospital de Verín, véndose afectadosos Servizos de Pediatría e Medicina Interna.
A asistencia a esta reunión é de máxima importancia entendendo a gravidade da situación.

