Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A PARTIRES DO 7 DE ABRIL PONSE EN MARCHA O SERVIZO DE CUMPRIMENTACIÓN DAS DECLARACIÓNS DA RENDA NA CIG DE VERIN E A LIMIA

01 Abr 2015

É obrigatorio solicitar cita previa, chamando aos telefones: Verín (988412345), Xinzo de Limia (988462583)

Como todos os anos, a partires do 7 de Abril do 2015 a Unión Local da CIG de Verín e A Limia pon ao dispor de todos os seus afiliados e afiliadas o servizo de cumprimentación da Declaración da Renda do exercicio 2014.

É obrigatorio pra poder facer uso deste servizo:

a) Solicitar CITA PREVIA, chamando aos telefones: 988412345 (Verín) ou 988462583 (Xinzo de Limia).

b) Ter as cotas de afliación ao corrente de pagamento

Días de atención do Servizo na CIG:

Xinzo de Limia: luns e martes, pola manha

Verín: Luns a Venres

Prazos de presentación das declaración da Renda 2014:

1.- Confirmación de Borradores da Declaración Renda 2014

       * Dende o 7 de Abril até o 30 de Xunho do 2015:

       - Confirmación do borrador por vías non presenciais, con calquera resultado (a ingresar, a devolver ou negativo)

       * Dende o 7 de Abril até o 25 de Xunho do 2015:

       - Con resultado a ingresar, con domiciliación en conta.

       * Dende o 7 de Abril até o 30 de Xunho do 2015:

       - Con resultado a ingresar, con domiciliación en conta só o 2º prazo

2.-Cumprimentación da Declaracións Renda 2014

       * Dende o 11 de Maio até o 30 de Xunho do 2015:

       - Confirmación do borrador por calqueroutra vía, con calquera resultado (a ingresar, a devolver ou negativo)

       - Presentación da declaración de forma presencial

       * Dende o 11 de Maio até o 25 de Xunho do 2015:

       - Con resultado a ingresar, con domiciliación en conta

       * Dende o 11 de Maio até o 30 de Xunho do 2015:

       - Con resultado a ingresar, con domiciliación en conta só o 2º prazo

 

Volver