A MANCOMUNIDADE TERRAS DE CELANOVA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO
Cubrirá con contratos temporais postos vacantes
A mancomunidade de Terras de Celanova publica no BOP do 19 de xuño que por decreto da presidencia da Mancomunidade Terra de Celanova, do día 14 de xuño de 2018, aprobáronse as bases da convocatoria para constituír bolsa de emprego, polo sistema de concurso para cubrir, mediante contrato temporal, postos vacantes nos distintos servizos da Mancomunidade Terra de Celanova
Constitúen unha bolsa de emprego, polo sistema de concurso, que sirva para a contratación temporal de postos como persoal laboral desta Mancomunidade (contratos temporais polas causas legal e regulamentariamente establecidas). Non poderá recorrerse á bolsa da presente convocatoria para a contratación indefinida con carácter fixo, para o que será precisa a aprobación dunha convocatoria específica. O sistemade concurso xustifícase pola conveniencia de que o persoal seleccionado conte coa experiencia profesional adecuada para as funcións relacionadas coas tarefas e labores propios destes postos.
Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

