Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DO RIBEIRO OFERTA DIFERENTES PRAZAS

07 Xun 2016

Son postos para docentes e persoal de seguimento dos cursos AFD

A presidencia da mancomunidade do Ribeiro, mediante Resolución con data 27 de maio de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar docentes e persoal de seguimento e control dos cursos AFD 2016, que impartirá esta entidade. Trátase dos seguintes cursos:
• 2016-235.- Xestión Integrada de Recursos Humanos.
• 2016-228.- Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría.
• 2016-230.- Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.
• 2016-236.- Operacións de Gravación e Tratamento de Datose Documentos

Módulos transversais:
• Inserción Laboral, Sensibilizacion Ambiental e na Igualdade de Xénero, Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e Sobre Corresponsabilidade de Xénero.
• Persoal de Seguimento e Control dos Cursos.
@s interesad@s poderán presentar as súas solicitudes no rexistro da mancomunidade, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de tres días (excepto sábados, domingos e festivos) seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan expostas ao público no taboleiro de anuncios da mancomunidade.

Volver