Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE VERIN TOMA MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS

13 Mar 2020

Faino público mediante un comunicado

A Mancomunidade de Municipios da comarca de Verín emite circular informativa para o persoal municipal sobre o Coronavirus COVID 19. Indica que, debido á situación de contención da transmisión do Coronavirus COVID 19 informan:

Lembrar a importancia de lavar as mans con frecuencia

Evitar tocar ollos, nariz e boca

Intentar manter unha distancia mínima dun metro co público que acuda ás instalacións municipais

Non superar os quince minutos de atención ó público evitando o contacto físico en todo momento

Se notas algún síntoma ou malestar non dubidar en comunicalo inmediatamente e abanadoar o posto de traballo para acudir ós servizos de saúde

O persoal especialmente sensible deberá comunicalo ó seu superior/a xerárquico para adoptar de xeito inmediato as medidas específicas adaptadas a cada caso.

 

Volver