A MANCOMUNIDADE DE VERÍN OFERTA VARIOS POSTOS TEMPORAIS PARA DOCENTES
Impartirán módulos de cursos AFD
A mancomunidade de municipios da comarca de Verín fai público no BOP do 22 de outubro a convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal de docentes e monitores para cursos AFD/2018. Trátase do anuncio da convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal que se indica a continuación segundo as bases aprobadas por Decreto da Presidencia con data 18/10/2018 Número de prazas: un/ha docente para cada curso e un/ha monitor/a
para cada módulo, con bolsa de contratación:
Cursos:
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (448 horas)
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (468 horas)
Módulos transversais:
- Formación para igualdade
- Inserción laboral e sensibilización.
Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo determinado a tempo parcial.
Duración do contrato: duración dos cursos ou módulos a impartir.
Denominación dos postos: docentes para impartir cursos e módulos AFD/2018.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: No prazo dos 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense; no Rexistro Xeral da mancomunidade, na r/ O Castro, 4, baixo esqda., 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas. Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web da mancomunidade (www.mancoverin.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios e na páxina web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín. (www.mancoverin.es).

