A MANCOMUNIDADE DE VERÍN OFERTA UN POSTO DE TRABALLO
Anuncian unha praza de Traballador/a Social
A mancomunidade de Verín fai un novo anuncio de convocatoria para a contratación do persoal laboral temporal, segundo as bases aprobadas por decreto da presidencia con data 10/06/2016. Trátase dunha praza que contará cun contrato por obra ou servizo determinado, a tempo completo cunha duración de 3 meses. A denominación do posto é "Traballador/a social de reforzo dos Servizos Sociais nos meses de verán". O prazo de presentación das solicitudes na mancomunidade farase no prazo de 4 días hábiles (non se contarán os sábados), a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP. Se queres descarregar o texto completo das bases da selección pica no pdf que está debaixo da fotografía.

