Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE VERIN BUSCA UN/HA PSICOLOGA/O

19 Xul 2021

Ofertan un contrato dun ano de duración

A Mancomunidade de concellos de Verín fai pública no BOP do 19 de xullo a convocatoria para contratar o persoal laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas polo decreto da presidencia do 14/07/2021
Número de prazas: 1
Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo determinado, a tempo completo
Duración do contrato: un ano
Denominación do posto: psicóloga/o de servizos sociais comunitarios da Mancomunidade de Verín
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: No prazo dos 5 días hábiles, a partir do seguinte ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense; no Rexistro Xeral da Mancomunidade, situado na rúa O Castro, 4, baixo-esquerda, 32600 Verín (Ourense), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera medio admitido en dereito.
Exposición das bases: o texto completo das bases está publicado no taboleiro de edictos, na sede electrónica e na web da mancomunidade (www.mancoverín.es).
Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios, na sede electrónica e na web da mancomunidade (www.mancoverín.es)

Volver