Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE SANTA AGUEDA OFERTA UN POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIV@

25 Nov 2017

É para o servizo de recadación

A mancomunidade de concellos de Santa Agueda fai pública no BOP do 25 de novembro a convocatoria para a contratación laboral temporal dun/ha auxiliar administrativo/a para o servizo de recadación mediante o sistema de concurso de méritos. Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a cobertura con carácter laboral temporal dun (1) posto de auxiliar administrativo/a do servizo de recadación, mediante concurso de méritos por un período de tres (3) meses, a xornada completa, publica no BOP, resumida a convocatoria para xeral coñecemento:
1. Número e denominación do posto: un (1) posto de auxiliar administrativo/a para o Servizo de Recadación da mancomunidade de Concellos Santa Águeda.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada, tres (3) meses, a xornada completa.
3. Sistema de selección: concurso de méritos.
4. Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de edictos da mancomunidade.
5. Prazo e lugar de achega de solicitudes: tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no BOP, no rexistro xeral da mancomunidade de concellos Santa Águeda na Pena, s/n, 32101, Vilamarín (Ourense), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.

Volver