A MANCOMUNIDADE DE SANTA AGUEDA BUSCA A UN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL
Asemade crea unha bolsa de emprego
A mancomunidade de concellos de Santa Águeda fai pública no BOP do 24 de maio a convocatoria para o nomeamento, como funcionario interino dun/dunha traballador/a social e formación dunha bolsa de emprego mediante o sistema de concurso-oposición, segundo as bases aprobadas por Resolución da Presidencia núm. 2022-00, con data 19/05/2022.
1. Denominación posto: traballador/a social
2. Réxime xurídico: persoal funcionario interino.
3. Sistema de selección: concurso-oposición.
4. O texto completo das bases publicarase no taboleiro de anuncios da mancomunidade e na sede electrónica:
https://mancomunidadesantaagueda.sedelectronica.es/board
5. Prazo de presentación de solicitudes: dez (10) días naturais, comezando a computarse o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

