Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE VERÍN OFERTA VARIOS POSTOS DE TRABALLO

06 Xun 2016

Trátase de postos para docentes e persoal de seguimento de cursos AFD

A presidencia da mancomunidade de municipios da comarca de Verín, mediante Resolución con data 30 de maio de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar docentes e persoal de seguimento e control dos cursos AFD 2016, que impartirá esta entidade. Os cursos son os seguintes
- Xestión contable e xestión administrativa para auditoría.
- Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Xestión integrada de recursos humanos.
Módulos transversais:
- Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero.
- Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade de xénero.
@s interesad@s poderán presentar as súas solicitudes no rexistro da mancomunidade de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP; se o terceiro día fose festivo, o prazo remata o seguinte día hábil. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan publicadas na web da mancomunidade (www.mancoverin.es) e no taboleiro de edictos da mancomunidade, na rúa Cancelón, 1, baixo, de Verín (Ourense)

Volver