Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS "SANTA AGUEDA" OFERTA UN POSTO TEMPORAL

07 Feb 2017

É para un posto laboral temporal de auxiliar do servizo de recadación

A mancomunidade de concellos "Santa Águeda", unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto en réxime laboral e con carácter temporal, de duración determinada 3 meses, mediante concurso, da praza de auxiliar do servizo de recadación, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso. Trátase dun posto en réxime laboral e con carácter temporal, de duración determinada 3 meses, mediante concurso, da praza de auxiliar do servizo de recadación da mancomunidade de concellos “Santa Águeda”. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas da mancomunidade. O prazo de presentación das solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral da mancomunidade de concellos Santa Águeda, na Pena, s/n, 32101 Vilamarín, en horario de 09.00 h a 14.00 h, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Volver