Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CARBALLIÑO OFERTA UNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL

05 Mai 2023

É un contrato laboral temporal

A mancomunidade de concellos do Carballiño fai público no BOP do 5 de maio que, por resolución da presidencia do 3 de maio de 2023, aprobáronse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha traballador/a social.


As bases da convocatoria estarán expostas ao público e a disposición das persoas interesadas, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica da Mancomunidade dos concellos do Carballiño: http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal


O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais, que contarán a partir do día seguinte ao de publicarse o
anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente un recurso potestativo de reposición ante o presidente, no prazo dun mes, que contará desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, na súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, que contarán a partir do día seguinte ao desta publicación, de conformidade co que dispón o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis oportuno en dereito.

Volver