A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DE OURENSE OFERTA UNHA PRAZA DE CHOFER DE TRACTOR ROZADORA
Trátase dun contrato de tres meses de duración
A Mancomunidade de Concellos de Ourense publica no BOP do 9 de xuño a convocatoria para a contratación que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución do Presidente, con data 5 de xuño de 2020:
1.- Número e denominación da praza: un (1) condutor de tractor rozadora.
2.- Modalidade da contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral da mancomunidade ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas, durante o prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan publicadas no taboleiro de anuncios da mancomunidade e na sede electrónica. https://mancomunidadmunicipioscomarcaorense.sedelectronica.gal

