Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

A MANCOMUNIDADE DE CELANOVA CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO

28 Mai 2016

É creada para cubrir diferentes postos

A mancomunidade de terras de Celanova fai público no BOP de hoxe, día 28, as bases da convocatoria para constituír bolsa de emprego, polo sistema de concurso para cubrir, mediante contrato temporal, postos vacantes nos distintos servizos da Mancomunidade Terra de Celanova. É obxecto da presente convocatoria a constitución dunha bolsa de emprego, polo sistema de concurso, que sirva para a contratación temporal de postos como persoal laboral desa mancomunidade (contratos temporais polas causas legal e regulamentariamente establecidas). Non poderá recorrerse á bolsa da presente convocatoria para a contratación indefinida con carácter fixo, para o que será precisa a aprobación dunha convocatoria específica. As prazas obxecto da convocatoria intégranse dentro de todos os grupos e niveis de complemento de destino, conforme co Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia. O sistema de concurso xustifícase pola conveniencia de que o persoal seleccionado conte coa experiencia práctica adecuada para as funcións relacionadas coas tarefas e labores propios destes postos. Os contratos obxecto da presente convocatoria serán de duración determinada mentres dure a situación para a que se crearon, (baixa por IT ou por maternidade, vacacións, acumulación de tarefas, etcétera).

A relación de servizos e postos de traballo adscritos á bolsa de emprego son: Servizo de axuda no fogar, Auxiliares de axuda no fogar, Servizos sociais de base, Educador social e Traballador social, Servizos administrativos, Administrativo, Auxiliar administrativo, Servizo de bombeiros (non forestais), Bombeiro e Condutor motobomba, Servizo de recollida de lixo e voluminosos, Condutor e Peón recollida, Servizo de rozadora,  Condutor e Pión

Volver